jueves, 1 de diciembre de 2016

MAGOSTO 2016




 
Que ben o pasamos o xoves 11, pola tarde, cos xogos que fixemos no pavillón.








 Despois de tanto exercicio recuperamos enerxía coas castañas asadas ( esta vez, como chovía, asadas no forno polo noso cociñeiro Damián ), os zumes e os doces elaborados por algunhas mamás.





Estaba todo riquiiiiiiiiiiiiiiiiisimo.
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

miércoles, 30 de noviembre de 2016

XIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

XIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

COMO CADA ANO, CELEBROUSE O CONCURSO DE POSTAIS DE NAVIDADE, NO CAL PARTICIPARON TODOS OS ALUMNOS DO C.E.I.P SAN XOÁN BAUTISTA DE CERDEDO.
GAÑADORES:         1º AINOA PARAFITA ESPIÑA (4 ANOS) INFANTIL
                                     2º VICTOR PAZOS BUGALLO (11 ANOS) 6º PRIMARIA
                                     3º MIGUEL  DIZ ROJAS (8 ANOS) 3º PRIMARIA
ESTABLÉCENSE  TRES PREMIOS:
1º. TABLET ELECTRÓNICA
2º. LOTE MATERIAL DIDÁCTICO
3º. LOTE MATERIAL DIDÁCTICO
A POSTAL GAÑADORA SERÁ A IMAXE DAS POSTAIS DE FELICITACIÓN DO NADAL QUE O CONCELLO FARÁ CHEGAR A CASA DE TODOS OS VECIÑOS DO ANTIGO TERMO MUNICIPAL DE CERDEDO.
OS PREMIOS ENTREGARANSE O DÍA DA CABALGATA DE REIS, O DIA 5 DE XANEIRO

PODEDES VER A NOTICIA NO FACEBOOK DO CONCELLO E NO SEGUINTE ENLACE DO FARO DE VIGO
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/11/30/cerdedo-falla-tradicional-concurso-postales/1579823.html

viernes, 25 de noviembre de 2016

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Educamos en comportamentos baseados na igualdade, o respecto e a tolerancia.



  Á Violencia de Xénero… Dille NON!

miércoles, 23 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016



O xoves 28 de outubro celebramos o SAMAÍN.


Casi todos participamos no concurso de cabazas.

video


O xurado tivo unha difícil labor para decidir.




PARABÉNS AOS GAÑADORES.



Aínda que ninguén quedou sen agasallo.Gracias a todos pola vosa colaboración.


No comedor tamén tivemos un postre especial: magdalenas, leite fritido e ovos de Samaín ( agasallo da pastelería Nell Ross )





GRACIAS ROSSANA.



viernes, 11 de noviembre de 2016

II XORNADAS GASTRONÓMICAS INTERCENTRO

O mércores a nosa cociña tivo moita actividade.
Primeiro o alumnado de 1º e 2º prepararon coa axuda da profe de reli, Rubén e Damián unhas riquísimas croquetas.





 Despois degustamos un  menú típico da cociña rusa para celebrar as II XORNADAS GASTRONÓMICAS INTERCENTRO composto por:   

Primeiro un aperitivo



Ensalada Olivier

Solomillo Strogonoff

De postre Blinis Doces

Como nos puxemos................





Estaba todo riquísimo.....GRACIAS DAMIÁN E RUBÉN.




domingo, 30 de octubre de 2016

viernes, 28 de octubre de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

O luns 24 fomos visitar a Biblioteca Municipal de Cerdedo para conmemorar o DÍA DA BIBLIOTECA.




Lourdes e Mónica, moi amablemente, explicáronnos como funciona, que temos que facer cando imos a ela ou para levar libros para a casa.



Preparáronnos unha sorpresa:UN CONTACONTOS  moi simpático.





Pasamos unha tarde moi divertida. Ah! Tamén nos agasallaron cunha chapa a cada un.




GRACIAS POR TODO LOURDES E MÓNICA.

miércoles, 26 de octubre de 2016

SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS


Os nenos e nenas de Infantil están todos ilusionados por descubrir que conteñen as casiñas que lle enviaron desde o Proxecto TERRA e saber o que lle ocorre o Sabela.