BIBLIOTECA


ADEUS NEIRA VILAS!

Despedímonos con esta entrada do autor galego Neira Vilas, morto o pasado venres 27 de novembro. Todos e todas lembraremos a este autor pola súa labor literaria que nos deixou obras magníficas como "Memorias dun neno labrego", "Cartas a Lelo" ou "Aqueles anos do Moncho".


Velaquí van unhas imaxes das visitas deste autor ao noso centro educativo, que recordamos con moito cariño.

   










DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



Co motivo do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, o cole vístese de gala. Para rememorar este día os distintos niveis de primaria limos varios fragmentos da poetisa. A actividade consistía en debuxar aquilo que sentísemos despois de escoitar algunhas estrofas e os resultados non puideron ser máis chamativos. 

Fragmento de INFANTIL: Como chove miudiño



Fragmento de 1º e 2º: Alborada




3º e 4º: Dende aquí vexo un camiño


 

5º e 6º: Unha vez tiven un cravo


A presentación en Prezi das imaxes dos cativos/as pode verse premendo neste enlace:


As mellores interpretacións quedaron recollidas nun mural do pasillo principal. Ollade!










No segundo trimestre os alumnos e alumnas de Infantil  tivemos unha visita moi especial: Contacontos por parte das familias !

Primeiro veu a tía de Aroa




Despois veu a mamá de Sergio




Tamén veu a mamá de Daniela


A mamá de Pepe





E a última visita foi a da mamá de Aitana




ENCANTOUNOS A VISITA!

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN




O DÍA DO LIBRO



O día do libro tornou a ser á semana do libro no noso colexio debido á importancia da lectura.

Nesta entrada deixamos constancia das distintas actividades realizadas.


Actividade 1: Mamá cabra e Modernio (Infantil, 1º e 2º)



Actividade 1: Salón do libro (3º, 4º, 5º e 6º)


Actividade 2: Linguaxe de signos


Actividade 3: Contacontos

Actividade 4: Adiviña as personaxes literarias!


E por último,


Actividade 5: Marcapáxinas solidarios!

Podedes e ler máis información das actividades ou ver máis imaxes na páxina principal do blog!


Animádevos a ler todo o que poidades, senón mirade o consello de Mortadelo...











AS LETRAS GALEGAS!


O día das letras galegas foi celebrado no CEIP San Xoán Bautista dende o 11 ao 18 de maio. Houbo moita troula e emoción coa que recordamos ao poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, Manuel María Fernández Teixeiro.

Podedes atopar algunhas novidades recomendadas por Emily na biblioteca escolar, onde parte dos libros son obras do escritor homenaxeado.

Recuncho das novidades 

Libros de Manuel María

Outras recomendacións sobre o mar e os piratas, rumbo á visita da illa de San Simón!



GRAZAS EMILY POLAS TÚAS RECOMENDACIÓNS!





O REGRESO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Mochila de 1º e 2º
Volven as mochilas viaxeiras despois de visitar os fogares dos nosos rapaces e rapazas. 

Esperamos que as lecturas fosen informativas e do voso agrado. 





O Libro de visitas!


Presentámosvos o libro de visitas onde firman as persoas que chegan ao noso cole con distintos fins: abraiarnos cun conto, recitar poemas, dar concertos, etc. 

O primeiro en firmalo foi Luis Vallecillo coa sua obra musical adaptada de "O Bigote de Mimí" de Manuel María. 

Dende o cole queremos agradecer tamén á Yoli, nai de Víctor, creadora da nosa mascota da biblio Emily! Moitísimas gracias!!!!!!!!


Dende a biblioteca Emily recórdavos a importacia de pasar o verán LENDO UN MONTÓN DE CONTOS! 

No hay comentarios: